Mostrando entradas con la etiqueta Post antiguos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Post antiguos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Un paseo pola historia de Narón

ACTUALIZACIÓN EN Wordpress (23/11/2013)
__________________________________________________________

INTRODUCCIÓN

O Topónimo “Narón” ten a súa orixe segundo Fernando Cabeza Quiles na raíz preindoeuropea “nar-“, que significaría auga, curso de auga.
O nome do concello provén do nome da parroquia de Narón, atravesada polo río Salgueiro. Este nome foi adoptado porque era no adro da Igrexa parroquial de San Xiao de Narón onde se reunía o concello.
Este traballo é un breve resumo feito con humidade que recolle a historia dun territorio castrexo que dominou a Terra de Trasancos, que posteriormente foi relegado a un segundo plano tralo nacemento do Ferrol da Ilustración vinculado á monarquía, e que está emerxendo no século XXI como o verdadeiro motor industrial e cultural da comarca.
...Que sirva este esforzo para dignificar a historia do noso concello.


PREHISTORIA

TRANSICIÓN DO PALEOLÍTICO AO NEOLÍTICO.
Os trazos fundamentais das vías de introducción do Neolítico en Galicia sonnos descoñecidas en gran parte, e polo tanto descoñecemos como se producen os cambios que conducen á poboación cazadora-recolectora a iniciar a súa sedentarización.
Nada sabemos de como vivían, como se artellaban os homes que un día chegaron pola costa portando a cerámica cardial, ou aqueloutros que, tal vez seguindo o mesmo camiño, elevaron os primeiros túmulos de terra no monte dos Nenos.
O único que podemos facer son unha serie de conxeturas que nos achegarían ao seu modo de vida e que coincidirían coas do resto de Galicia.

NEOLÍTICO ANTIGO (6000-4000 a.C.):A CULTURA DE CERÁMICA CARDIAL.
Durante o Neolítico Antigo atopámonos cun variado repertorio de olas, vasos globulares, botellas, etc. Que en ocasións presentaban na súa superficie motivos decorativos impresos mediante a aplicación de espátulas,punzóns...É moi característica a cerámica realizada mediante a impresión de distintas partes da cuncha dun berberecho (cardium edule) coñecida polo nome de “cerámica cardial”.
Inicialmente a cultura da cerámica Cardial, partindo de Sicilia, chega un momento en que se vai estendendo en dirección este a oeste, polas dúas ribeiras do Mediterráneo, pasa o estreito de Xibraltar e comeza a subir pola costa portuguesa en dirección norte.
A súa presencia en Galicia está documentada pola aparición de restos deste tipo de cerámica no xacemento do Regueiriño de Moaña. Este descubrimento significou a testemuña da presencia en Galicia dunha cultura anterior á dos megalitos.
O feito de non atopar restos ao redor do antigo “Mar da Xoiba” (Ría de Ferrol) non exclúe a súa presencia, polo que podemos asegurar, grazas aos restos de Moaña, a presencia destes mariscadores de beiramar.

AS MÁMOAS.
As mámoas atopadas ata agora na terra de Trasancos son 65, repartidas en catro áreas: Monte dos Nenos (16), Zona baixa do Val e Leixa (6), Monte da Cha e Brión (30) e Monte de Campaíñas e Mougá (13).
Ao estar case a totalidade dos túmulos violados, e non apreciarse restos de chantas, crese posible que a maior parte deles careza de soporte, afirmación feita con reservas, xa que non se escavou ningún túmulo ata o de agora.
As mámoas do noso concello acadan unhas dimensións considerables. Varias mámoas do Monte do Nenos presentan probablemente un anelo periférico de pedras na parte basal do túmulo apreciable en dúas delas por mor dun desmonte e un incendio. Estes anelos indicarían o límite de extensión máximo do túmulo no momento da súa construcción. Ó menos unha, o cal non é moi frecuente, está aparentemente intacta.
Do conxunto do monte dos Nenos (16 túmulos) dous poderían ter cámara poligonal e ó menos un parece posuír corredor.
Nos enxovais das cámaras áchanse armas, machados, puntas de frecha, etc. En Trasancos, estes obxectos atopados atópanse en mans de coleccionistas. En xeral son atopados fortuitamente, sen unha escavación científica.
A CULTURA DO VASO CAMPANIFORME (2100-1800 a.C.)
Durante esta etapa formouse por vez primeira a Terra de Trasancos como espazo definido.
A maior parte das mámoas de Trasancos poden proceder deste período. Os nomes de Trasancos e Labacengos non son indoeuropeos, o que indica que este territorios xa estaban configurados neste momento.
A cerámica campaniforme aparece intrusa tanto en megalitos con corredor, como sen el, xa que aproveitan para os seus enterramentos as numerosas cámaras preexistentes. Pero eles parecen que introducen o túmulo sen cámara. O altísimo número deste túmulos na zona de Trasancos fan pensar na presencia da cultura do vaso campaniforme.
ETAPA DO BRONCE.
Carecemos de testemuñas ou restos de calquera tipo desta época.


IDADE ANTIGA
OS CASTROS
Calcúlase que o populus de Trasancos estaría constituído por 56 castros. Unha ducia dos cales estarían situados dentro dos lindes actuais do concello de Narón.
Tamén se calcula unha cifra mínima de 2240 habitantes na Terra de Trasancos (8 casas/castro, 5 hab./casa)
Os castros identificados son 12: Quintá (O Val), Vilar (Trasancos), Sequeiro (Narón), A Revolta (Sedes), Eiravedra (Sedes), Vicás (Narón), A Hermida (desaparecido, Pedroso), O Castro (O Couto), Castro (desaparecido, Castro), Vilasuso (O Val), Peiruga (Pedroso), Lopesa (desaparecido, O Val).
O CUNCHEIRO DE LÓNGARAS
Na zona de Lóngaras, no Couto, nun vello camiño de carro polo que os mariscadores accedían a un embarcadoiro atopáronse uns estratos de ostráceas con restos de cerámica romana.
Non temos máis probas da estancia dos romanos na Terra de Trasancos.

IDADE MEDIA
OS ATAQUES VIQUINGOS.
"Un día, entre os meses de xuño e agosto, as velas a franxas encarnadas e brancas das feroces naves normandas, son avistadas no Mar da Xoiva (Ría de Xuvia), corría o século IX, e máis concretamente o ano 844. A chegada do normandos á ría de Xuvia causou pavor e foi lembrada moitos anos nas oracións das igrexas. Espoliaron os obxectos litúrxicos de ouro e prata e queimaron o mosteiro (prerrománico) de San Martiño. Levaron pola forza víveres, provisións e canto fora de valor, seguindo na súa expedición cara ao sur.
Tomaban mulleres e nenos como servos e provocaron a fuxida aos montes da poboación, deixando despoboamento e ruína tras os seus ataques na Terra de Trasancos, cun clima, por aqueles anos cálido, que favorecía a agricultura ea medra demográfica."
Estas naves normandas formaban parte dunha numerosa e organizada serie de expedicións vikingas que comezara en Frisia, aló polo ano 810.
Aínda que Galicia sufriría varias vagas máis está é a única invasión normanda, documentada nas crónicas, da Terra de Trasancos.
O PRIMEIRO DOCUMENTO.
O primeiro documento coñecido de San Martiño de Xuvia data do 15 de maio do 977. Describe unha doazón ao mosteiro realizada pola nobre señora de Trasancos, Visclávara Vistráriz, descendente do que fora duque e bispo de Xuvia:
"In dei nomine amen. Inuicctissimo almo atque Pannonie nato olimpo in regno Martino nempe uocato cuius baselica siccta est in ualle Trasanquos fluminis Iuuie ripa, [...] in quo loco domino nostro pontifex et uenerabilis Argimirus tenuit mire ducato per ordinationem Ranimiri prinipis,[...]"
OS CONDES DE TRABA
O máis importante clan nobiliar de Galicia na Idade Media procede da Terra de Trasancos e ten a súa casa en Xuvia, no Mosteiro de San Martiño.
Son os Pétriz ou Froilaz, logo chamados Condes de Traba, donos de extensas terras e propiedades que abranguen dende o río Tambre ata Ortigueira. Tiñan residencia e panteón familiar en San Martiño de Xuvia.
Da grandeza, importancia e papel histórico dos condes de Traba fala o seu título de "Conde de Galicia" que levou D. Pedro Froilaz, ou o de "Conde de Trastámara" do seu fillo Fernán Pérez.
O MOSTEIRO DE PEDROSO.
Nas privilexiadas terras que hoxe conforman Narón houbo un foco de grande poder económico e sociopolítico. Arredor de San Martiño e da Casa condal de Traba xira o acontecer neses longos anos da idade media.
Á riqueza e poderío dos membros desta familia debemos a construcción dun segundo mosteiro, o máis amplo e fermoso da terra de Trasancos, segundo a admirada testemuña dos que o viron: San Salvador de Pedroso.
Conservamos unha valiosa e abundante colección documental.
O mosteiro foi consagrado o 3 de xuño de 1111 e foi mandado construír por Munia Froilaz, irmá de Pedro Froilaz, conde de Traba e Galicia en lembranza de seu único fillo varón afogado no mar da Xoiva (Xuvia).
Hoxe desaparecido, só conservamos a súa importante colección documental que fora trasladada a Mondoñedo tras a reforma dos Reis Católicos.
Fisicamente, conservamos unha dovela da porta da Salvación e un capitel.
O MOSTEIRO DE SAN MARTIÑO DE XUVIA
Anterior ó de Pedroso, é a grande xoia da comarca que contén unha abondosa colección documental que é considerada como a máis grande de España dun mosteiro da orde de Cluny.
A historia do mosteiro de Xuvia merece un capítulo a parte. A súa orixe non está aínda aclarada, pero se supón unha orixe moi antiga, posto que en documentos do século X, xa se cita como moi vello e como lugar de retiro do bispo Arximiro, que viviu no século IX.
A edificación actual é obra de comezos do XII, debido a unha doazón do conde de Traba no ano 1137. Axiña foi recibindo privilexios e doazóns, en especial de parte de Fernando II de Galicia e León. Entre eles está a prohibición de que calquera persoa allea ao mosteiro puidese ter vasalos ou posesións dentro do seu coto e xurisdicción, así como a prohibición dirixida a nobres ou plebeos de tomar en matrimonio ou como concubinas ás servas do mosteiro.
A porta de Xuvia é única. Non existe outra semellante en ningunha igrexa románica coñecida. Moi sinxela, artellada en torno a dúas arquivoltas coroadas por un arco decorativo de cadrados e semicírculos rebaixados na pedra.
Destaca a súa colección de canzorros. A igrexa é de planta basilical de tres naves e tres ábsidas semicirculares. As naves sepáranse por cinco tramos de columnas.
AS REVOLTAS IRMANDIÑAS EN NARÓN
"O prior de Xuvia e o de Pedroso xuntáronse cun cabaleiro chamado Roi Xordo -afincado en San Mateu de Trasancos- e concentraron a tódolos labregos e fidalgos en San Martiño, saíndo en grande número para tentar sorprender a Nuño Freire "O Mao" en Ferrol, a onde acudiron tódolos habitantes da Terra de Trasancos, e fixeron todos unha irmandade e por toda a terra chamábannos "os irmáns", converténdose nunha vangarda do que máis tarde sería a Revolución Irmandiña en Galicia.
Nuño Freire fuxiu ao castelo de Moeche a onde foron os irmandiños. Xa fuxira cos seus homes para Pontedeume antes de que os seus perseguidores ocuparan e arruinaran parcialmente o Castelo.
Máis tarde chegou a Santiago, ata onde foi perseguido por Roi Xordo e os irmandiños. Alí, o arcebispo cun grande exército, derrotounos e perseguiunos ata Betanzos e Pontedeume...
O sangue irmandiño baixou polos ríos Eume e Xuvia, quedando Trasancos e Bezoucos con moitos casais baleiros e sen cabos na casa.
Máis tarde alzaríase toda Galicia nunha revolta irmandiña xeral.”

IDADE MODERNA

S. XVI E XVII
A partir de agora comeza a decadencia dos nosos mosteiros. No contexto da reforma relixiosa dos Reis Católicos, en 1493 o Mosteiro de Pedroso foi anexionado ao Mosteiro de S. Martiño de Mondoñedo.
San Martiño de Xuvia perdera tralas revoltas irmandiñas caso tódolos seus bens que pasan en 1472 á Casa de Andrade. Separado o mosteiro en 1518 de Cluny, foi vencellado como priorado á abadía de Lourenzá. En 1585 a súa xurisdicción foi enaxenada por Felipe II e un ano despois vendida á casa de Mandiá.
Do século XVI quedan dúas testemuñas arquitectónicas do poder das diversas ramas da familia Andrade.
Como a Capela de Santa Margarida (O Val), de estilo gótico serodio e que mantén reminiscencias do gótico mudéxar. Foi edificada no segundo tercio do século XVI por orde de Fernando de Andrade e da súa dona Inés de Castro e Lanzós.Brasonada co porco bravo e a banda engolada dos Andrade, esta xoia do noso patrimonio está acompañado dun interesante inmobiliario adxectivo, un cruceiro singular no adro, e unha fonte de cantería reputada como milagreira dende hai séculos. A feira que se celebraba nesta capela o 25 de xullo era unha das principais de Trasancos ata mediados do presente século en que desapareceu.
Outra testemuña é o Pazo de Baltar, que coa súa arquitectura adxectiva avala a riqueza dos fidalgos como contrapunto da pobreza xeral dos seus vasalos. A súa construcción é atribuída a Ares Pardo ou ó seu fillo Xoán Pardo de Lago e Andrade a partir do segundo tercio do século XVI, quen é considerado primeiro señor de Baltar. Mais tarde, os Marqueses de San Sadurniño fixéronse con esta casa mediante o casamento de Xosefa Caietana Pardo Moscoso (descendente directa do fundador) con Xosé Xacinto Quindós e Andrade, III Marqués de San Sadurniño. Os marqueses fixaron a súa residencia en Baltar, aportando ao conxunto arquitectónico a capela de San Xoán e unha fonte, ambas de estilo barroco e de grande valor estilístico.
A derradeira marquesa de San Sadurniño non tivo descendencia, e doou o pazo ós pais misioneiros do Sagrado Corazón de María, que construíron un mosteiro novo en 1914. O único resto que conservamos deste pazo é o escudo e posible retrato de Xoán Pardo de Lago nunha parede do moderno mosteiro.
S. XVIII
Durante a ilustración, coincidindo cos anos centrais do século XVIII prodúcese un renacer de S. Martiño de Xuvia e aparece unha figura de grande relevancia para o mosteiro e para o actual concello de Narón: Frei Felipe Colmenero.
Pasou máis da metade da súa vida en Xuvia, onde foi cura oito anos e prior durante vintecatro. Foi abade de Lourenzá, cargo ao que renunciaría para volver a Xuvia e exercer as súas grandes paixóns: a historia e a administración do priorado. Foi amigo persoal de Frei Sarmiento, que o visitou en dúas ocasións. Colmenero foi o primeiro historiador do que hoxe é Narón, o cal é unha honra. A el lle debemos as dúas primeiras obras escritas con criterios científicos: "Discurso histórico" e "Xuvia".
A pataca foi introducida en Narón a finais do século XVIII por Xosé Mª Bermúdez e Vilar de Francos, Sr. do Couto de Xuvia, que mandou ao seu rendeiros que a plantasen nas súas terras. Non foi a única novidade, xa que no segundo tercio do século XVII xa aparecera por aquí o maínzo.


A “REVOLUCIÓN INDUSTRIAL AGROPECUARIA” NARONESA.
A partir de 1750, no espazo territorial que hoxe se coñece como Narón, prodúcese unha "revolución industrial agropecuaria". Toda unha serie de "industrias" aséntanse neste territorio converténdoo nun enclave económico pioneiro en Galicia.
O crecemento demográfico de Ferrol e os seus estaleiros militares, provocou unha forte demanda de alimentos e productos primarios, que avezados comerciantes estranxeiros, asociados a familias de Trasancos, permítelles desenvolver unha serie de industrias alimentarias.
Naturalmente estamos a falar de Lestache, Beaujardin, Lembeie e máis, franceses chegados a Ferrol para o desempeño de diversos cargos. Vaise crear un grupo de ricos propietarios hexemónicos no mundo rural.
Os piares desa particular revolución industrial agropecuaria cobran forma principalmente nunha rede de muiñeiría que, nun alarde tecnolóxico para a época, utiliza todo tipo de enerxías renovables: auga, vento e mareas.
A Real Fábrica de Fariñas das Aceas, de grande sona na Galiza da época, utiliza a enerxía das mareas, acumulando auga nunha inmensa presa, situada no desaugue dos ríos Freixeiro e Pereiro (o que facía que puidese moer aínda que a marea non estivese ao seu favor). Ata aquí chegaban por terre e mar os cargamento de cereal de Ucraína e California para ser convertidos en fariña e comercializados ao exterior.
O Muíño fluvial do Chao de Pedroso-Doso é representativo dunha serie de muíños fluviais de catro pedras de moer (Portela, Chao, Cerdeiras), na que unha delas adoitaba ser para aserradeiro de madeira.
Os Muíños de vento de San Mateu e O Couto (este último desaparecido) foron os representantes desta tipoloxía. É a única construcción destas características aínda perdurada hoxe en día.
A Real Fábrica de fariñas, papel común e de estraza da Ponte de Xuvia, realizado por Lestache e Bucán en 1775, foi a maior fábrica de fariñas do seu tempo. Tiña unha capacidade de moenda de 70000 fanegas de trigo que se importaba mediante dous barcos do Báltico, de América e dos portos de Santander. Cada unha das catro moas moía 15 ferrados/hora e contaba con cinco cribos automáticos para clasificar a fariña en cinco clases, como se facía en Francia. En 1858 era a principal do país na súa clase. Posteriormente foi modificada converténdose en fábrica de laminados de cobres e bronces e fábrica de tecidos.
A Fábrica de Curtidos, pedra e lousa ordinaria da Gándara, en Xuvia, foi construída por Manuel Martín e Francisco García de Seixas no ano 1786. Abasteceron de pedra de cantería ás reais obras e de lousa ao consumo da comarca. Xunto coa Real Fábrica de Fariñas das Aceñas e o complexo industrial de Xuvia forma un piar básico no desenvolvemento económico e industrial da Terra de Trasancos durante o século XVIII.

IDADE CONTEMPORÁNEA

OS CONCELLOS RURAIS
Froito do lexislado na constitución de 1812, nacen en 1813 unha serie de concellos de curta vida:
- Concello de Pedroso (Pedroso, Doso, Sta. Mariña do Monte)
- Concello de Xuvia (Xuvia)
- Concello de Sedes (Sedes, Narón)
- Concello de O Val (O Val)
- Concello de San Mateu (S. Mateu)
- Concello de Trasancos (Valdoviño, Aviño, Atios, Lago, Lourido, Valdetieres e Taraza.
A vida destes concellos so dura ata tres anos máis tarde en que desaparecen e as parroquias volven a retomar as súas competencias.
NACEMENTO DO CONCELLO DE NARÓN
Aínda que a primeira acta conservada é do 23 de novembro de 1837, tense constancia nos arquivos provinciais da súa existencia xa en 1835, contando coas parroquias de: Narón, Castro, Doso, Trasancos, Sedes, Pedroso, O Val e Xuvia; tendo 4878 habitantes e converténdose no segundo concello máis importante da Terra de Trasancos.
O acto formal da constitución administrativa do concello tivo lugar no adro da igrexa parroquial de San Xiao de Narón, nomeando secretario a José Lestache e alcalde a Xosé Xiao Fernández.
A primeira casa consistorial estivo no lugar de Pena de Embade (S. Xiao de Narón), trasladándose máis tarde a Xuvia.
Existiron tentativas de cambiarlle o nome ao concello polo de "Xuvia", pero atopáronse sempre coa oposición do concello de Neda.
AS COMUNICACIÓNS
As grandes obras públicas realizadas foron:
- Renovación e rehabilitación da Ponte de Xuvia no ano 1831.
- Construcción da Ponte do Ferrocarril do Couto, que supuxo unha forte agresión medioambiental para o fondo da ría ao funcionar como dique, impedindo o paso dos aluvións e lodos e a renovación debida ás mareas.
- A Ponte de ferro das Cabras.
- Construcción da estrada de Castela, anos 40.
A REVOLTA DE "AS PEDRADAS"
A revista NÓS cualificou así aos feitos acaecidos na feira do trece en marzo de 1918.
O ferrocarril Betanzos-Ferrol, que pasaba por Narón, prexudicaba á economía labrega da zona, xa que traería productos do interior de Galicia a Ferrol a baixo prezo.
Os veciños protestaron esa tarde de feira diante do establecemento do Alcalde Xosé Fernández Lemos polo inxusto reparto de consumos entre os veciños do concello.
Ao medrar o enfado dos veciños, que tiraban pedras, o alcalde mandou chamar á Garda Civil, que para disolvelos, disparou e causou seis mortos, moitos feridos e levou presos.
O Concello de Narón, en mans de caciques, fixo un comunicado ese mesmo día laiándose do "vandálico atropelo do que foi víctima o señor alcalde na súa propiedade por parte duns cantos bandidos que enarborando a bandeira da fame trataban de saquear o seu establecemento".
A partir diso os labregos comezan a organizarse en sindicatos, sentando os alicerces das actuais cooperativas tan arraigadas en Narón: Pedroso, Sedes, San Mateu, O Val, Castro...
Anos máis tarde, a corporación republicana de Narón, en abril de 1933, acordou a construcción dun monumento onde os labregos perderan a vida na feira do 13 pero que foi destruído durante a guerra civil.
FINAIS DO SÉCULO XX
No ano 1960, o arquitecto ferrolán García Lastra construíu a casa do Concello.
No campo da demografía destaca a creación en 1970 da parroquia de Santa Icía con 2833 habitantes e que no ano 2004 contaba con 6043 habitantes.
Na industria destaca a creación dos tres polígonos industriais: As Lagoas, A Gándara e Río do Pozo.
Na cultura é salientable a inauguración do Auditorio municipal en 1993.
E por último, unha das novidades a nivel institucional que aportou o século XX foi a creación en 1999 da Bandeira de Narón.

O NOVO NARÓN DO SÉCULO XXI

ECONOMÍA
Narón entrou no novo milenio asumindo sen complexos a súa condición de locomotora socioeconómica da Terra de Trasancos. O profesor Pedro Arias, opina que “non é un centro comarcal clásico, porque as súas funcións e apoiatura económica non se basean nun conxunto de actividades orientadas á vertebración dunha área de influencia, senón que a súa apoiatura económica aseméllase máis ó que é un centro urbano que a unha cabaceira comarcal”.
A praza de Galicia, no barrio de Outo do Castiñeiro, é o emblema do Narón do século XXI, que asume o papel de centro urbano e comercial nun contexto de forte desenvolvemento da actividade na industria e no sector servicios. Nesta área, construíuse a nova casa consistorial, de 5000 metros cadrados de amplas e modernas instalacións que substitúen ao antigo concello en Xubia, que prestara servicio durante boa parte do século pasado.
Outro dos emblemas do Narón do século XXI foi a construcción do Centro Comercial Odeón, na Gándara.
Actualmente as dúas principais empresas asentadas en Narón son Megasa e Poligal (Polipropileno de Galicia).
Narón conta, así mesmo, co polígono industrial máis grande de Galicia: Río do Pozo, de 2 millón de metros cadrados.
SERVICIOS SOCIAIS.
A política de servicio comunitarios do Concello de Narón é alicerce fundamental do traballo realizado nos últimos anos. Narón adica ao servicio sociocomunitario a cuarta parte do orzamento.
Unha das últimas incorporación é a Biblioteca Municipal (inaugurada no ano 2003), que se ven a sumar a outra instalacións xa existentes como o Auditorio Municipal, a Casa da Cultura, a Casa da Mocidade, o Pavillón polideportivo da Gándara, etc.
Ultimamente destaca tamén a construcción de garderías municipais.
Entre as actividades culturais destacan fundamentalmente o Teatro, a música tradicional, a danza, e o apoio a diversas asociacións culturais como a escola de música e a Xove Banda de Narón.
DEMOGRAFÍA
Actualmente, Narón destaca por ser un dos poucos concellos da nosa bisbarra que continúa medrando, a un ritmo de uns 500 habitantes/ano.
O número total de habitantes é, polo tanto difícil de precisar con exactitude, xa que ademais de medrar constantemente, os censos municipais e estatais non se poñen de acordo. Podemos chegar a precisar sen concorrer en erros que Narón ten entre 35000 e 40000 habitantes.
Narón cambiou a súa capitalidade da Gándara de Xuvia a Narón o 6 de xuño de 2002, distinguindo os barrios (Gándara, Santa Icía, Freixeiro, Piñeiros, O Alto, O Couto e Xuvia) e as parroquias rurais (Castro, Doso, Pedroso, Narón, Sedes, Trasancos e O Val).
A parroquia máis poboada de Narón é a de Piñeiros (6791 hab.), seguida moi de preto polas de A Gándara (6775 hab.) e Santa Icía (6043 hab.). A menos poboada é a de Doso (461 hab.). Todo isto seguindo os datos que posuía o concello no ano 2004.
POLÍTICA
Narón non é un municipio de grandes cambios políticos. Durante os sete anos que levamos neste século XXI, á fronte do concello estivo Xoán Gato Díaz.

BIBLIOGRAFÍA


CONCELLO DE NARÓN.-Narón, terra de futuro
MERLÁN, Eva e outros.-Narón, unha historia ilustrada na Terra de Trasancos.
PENA GRAÑA, Andrés.- Muiñería Industrial: A Real Fábrica de Fariñas da Ponte de Xuvia.
PENA GRAÑA, Andrés.- Narón, un concello con historia de seu (I)
PENA GRAÑA, Andrés.- Narón, un concello con historia de seu (II)

Iván Fernández Coba
2º de Bach - C
I.E.S. "As Telleiras" - Narón
Ano 2007.

viernes, 11 de febrero de 2011

[Adolfo Villalonga] Variaciones emocionales para clarinete solo


Iván Fernández Coba, clarinete
Audición de clarinete solo.
Miércoles, 2/02/2011.
Auditorio "José Agüera" del CSM "Manuel Massotti Littel" de Murcia.

sábado, 8 de enero de 2011

Dúos plástico-sonoros.

Centro Social de CAIXANOVA. Pontevedra.

30 de decembro de 2010.

Recital enmarcado en el ciclo MOMENTOS MUSICALES dentro de la exposición de RAFAEL ÚBEDA.


programa


Dúo CLARINETE & PIANO

Clarinete: Iván Fernández Coba

Piano: Iago González Alonso

(Joseph Kosma) Autum Leaves ·· (Cesar Walton) Midnight Waltz

Dúo GAITA & PIANO

Gaita: Ricardo Mouriño Freire

Piano: Iago González Alonso

(Ernesto Campos) Crema de Wisky


BISES

Dúos de Fagotes, clarinete baixo e fagot.
Noche de Paz…

cartel

SfcKK8-0sbpjiem5eL-5.0mCMuKTWBtsRnJQIIGbk.0

Y4ETrLGrGpGznWBR7vsW.0JJ4dJjUg1qbDTGReyuDs.0

viernes, 26 de febrero de 2010

[Paquito D'rivera] Impro-valse-ation (Vals Venezolano)


Por fin vos podo ofrecer este video gravado en directo durante o recital "Musica pola paz" ofrecido por profesores e alumnos do CMUS "Xan Viaño" de Ferrol o pasado 29 de xaneiro.
Ao clarinete, un servidor, Iván Fernández Coba, acompañado ao piano por Amanda Gallego Pérez.

domingo, 24 de enero de 2010

La cuerda floja presenta: El trío Gamba

Grabación realizada en el conservatorio el jueves pasado durante uno de los primeros ensayos... y nada, el viernes tocamos en el concierto de la paz!



Clarinete: Tania Villasuso e Iván Fernández
Piano: Iago González

lunes, 23 de noviembre de 2009

Día de Narón


Tal día como hoxe, de 1837, celebrabase no adro da igrexa parroquial de San Xiao de Narón unha sesión do concello na que se daba conta da fuxida do anterior secretario cos libros do concello e se procedía a comezar un novo, sendo este o documento oficial máis antigo conservado do concello.
Dende o ano 1993 esta data é celebrada como festividade local, o Día de Narón.

jueves, 27 de agosto de 2009

Con Yehuda Gilad

Entrega de diplomas en el V CISM de Salceda de Caselas, Agosto de 2009

jueves, 30 de julio de 2009

El concilio de Trento y la música

Contexto histórico.

La Europa del siglo XVI era políticamente diversa. Desde las monarquías autoritarias y sus procesos de centralización hasta la pluralidad política existente en Italia o el Imperio, pasando por las repúblicas burguesas en los países bajos y el imperio turco, bajo las órdenes del sultán, cabeza política y a la vez religiosa. La rivalidad hispano-francesa y la amenaza de los turcos centrarán la actividad bélica. En este siglo esta rivalidad se personifica en las figuras de Carlos I (España) y Francisco I (Francia). Ambos rivalizaron en la eleccion del sucesor del emperador Maximiliano I, inclinándose por el que pasará a ser llamado Carlos V, en 1519. Los conflictos comienzan en 1521 como respuesta de Francisco I, estos conflictos por la hegemonia europea tienen como tablero de juego Italia, con variaciones la hegemonia francesa se centró en el norte y la imperial en el sur, con los Estados Pontificios en medio.
En el plano económico y demográfico, el siglo XVI es un siglo de recuperación tras la crisis bajomedieval. Aumenta el comercio y el número y tamaño de las ciudades. Las relaciones con las colonias americanas influyen sobre esto. Aun así estas valoraciones hay que tomarlas siempre con cuidado, pues estamos hablando de una mejora con respecto a la situación anterior, a pesar de que se hable de un comercio exterior, por ejemplo, no olvidemos que es minoritario a causa de las todavía malas comunicaciones, el progreso de la navegación permite en parte estos avances.
La sociedad del siglo XVI no presenta grandes cambios con respecto a etapas anteriores en su forma de articularse (sociedad jerárquica basada en el privilegio y en la división en estamentos atendiendo a funciones específicas: bellatores, oratores y laboratores). Se habla de una sociedad descontenta, que frecuentemente estalla en protestas, en este siglo abundan las revueltas populares o el bandolerismo.

La contrarreforma.

La reforma católica, movimientos previos.

A principios del siglo XVI, algunos laicos y eclesiásticos tomaron vigorosas iniciativas de reforma, pero particulares para una diócesis, para una congregación, etc. Lo propio de la Reforma católica, frente a otras reformas cristianas, fue su unidad y universalidad. Sucesivos papas acaudillaron la transformación de toda la iglesia según el mismo modelo, definido en el Concilio de Trento y aplicado paulatinamente según las circunstancias particulares de cada zona.
Movimientos previos a esta reforma son los que se dieron en las penínsulas Ibérica e Itálica a principios del XVI. Los Reyes Católicos pusieron cuidado en la elección de sus obispos, como por ejemplo el Cardenal Cisneros, uno de los modelos de obispo reformista. En Italia las reformas parten de la base fundándose pequeñas congregaciones. La fundación más importante y original será la de Ignacio de Loyola, que funda la Compañía de Jesús.

El concilio de Trento (1545-1563).

El concilio se inauguró después de tres convocatorias fallidas el 13 de diciembre de 1545 en Trento, ciudad del Imperio pero en la vertiente italiana de los Alpes. Tuvo un desarrollo muy agitado en tres fases discontinuas: cuatro años bajo Paulo III (1545-1549), un año con Julio III (1551-1552), y casi dos con Pío IV (1562-1563). A pesar de las dificultades y los sobresaltos, pudo llevar adelante la gran reforma que marcó los trazos esenciales del catolicismo hasta el siglo XX.
Los obispos y generales de órdenes fueron pocos en la primera fase, con mayoría absoluta de italianos. En la segunda fase, con Julio III, aunque no acudieron obispos franceses, por las tensiones entre Enrique II y el Emperador, si lo hicieron algunos luteranos. Tras Julio III, su sucesor Paulo IV optó por una reforma autocrática y no continuó con el concilio. A su muerte, la elección de Pío IV permitió reanudar el concilio, pero con una coyuntura que hizo que se centrasen más en las reformas internas en vez de responder contra las doctrinas de Lutero y Zwinglio.
El 4 de diciembre de 1563, en la sesión de clausura, 6 cardenales, 3 patriarcas orientales, 25 arzobispos, 169 obispos, 7 abades y 7 generales confirmaron todos los decretos adoptados desde 1546, que Pío IV ratificó inmediatamente.

Consecuencias generales.

Trento reafirmo los principales dogmas de la fe católica frente a los protestantes. También, la iglesia se reorganizó para afrontar con mayor eficacia la “cura de almas”.
Se promovieron las formas de piedad popular, potenciándose la creación de cofradías, el culto a la Virgen y a los santos y la celebración de la Semana Santa y el “Corpus Christi”.
Los cambios disciplinares también tuvieron muchísima relevancia. Se reafirma el celibato y se exige una formación moral, para lo que se erigen seminarios en todas las diócesis. También se estipula que el obispo debe controlar sus parroquias, realizando visitas y revisando sus archivos parroquiales. Son los archivos parroquiales una de las aportaciones más útiles que el concilio ha hecho a la historia, más aún a los historiadores, al ser una fuente básica para el estudio de la historia moderna.
Desde Roma se acabó por imponer un Misal (1570), un Breviario para el rezo (1568) y un texto de la Biblia, la revisión de la Vulgata de San Jerónimo (1592). Nunca hasta entonces la iglesia había sido tan uniforme. Por reacción antiprotestante, la Biblia permaneció inaccesible al pueblo, que solo la escuchaba en latín en la liturgia. La catequesis no era bíblica, sino dogmática.
Sus reformas litúrgicas siguieron en vigor hasta los año 60 del siglo XX (Concilio Vaticano II).

Disposiciones sobre la música.

Cuando el concilio de Trento organizó su tercera y ultima serie de sesiones en 1562, abordó varias cuestiones relativas a la música religiosa, sobre todo referentes a la naturaleza de la polifonía religiosa. Se sometía a juicio la polifonía –más específicamente, el contrapunto de los flamencos– porque esta música empañaba las palabras e introducía con frecuencia elementos profanos en la música religiosa.
Nada de esto era nuevo, Calvino ya había declarado culpable a este contrapunto un cuarto de siglo antes.
En septiembre, un grupo de delegados redactó un escrito en el que insistían en que los elementos profanos debían ser eliminados de la música religiosa y que la música no debía empañar ni oscurecer el texto.
Esta reivindicación estaba claramente lejos de la prohibición total de la polifonía. De hecho, todos los intentos de prohibición fracasaron gracias, al parecer, a una serie de piezas del compositor flamenco Jacob de Kerle (1531/1532-1591) en las que demostraba a los delegados que la polifonía era capaz de proyectar las palabras de manera inteligible.
La reforma tamebien se hizo sentir en otras áreas de la música aparte de la polifonía. Pasaron a un primer plano nuevos géneros o redescubiertos, la mayor parte caracterizados por un estilo sencillo como la Missa Brevis, la Lauda o los Madrigali Spirituali.
En el espíritu de hacer una liturgia estándar, el papa Gregorio XIII, en 1577 encargó a Palestrina y a Annibale Zoilo la reforma de los libros de canto de la iglesia. Aceptaron el puesto pero pronto abandonaron el proyecto, que quedó en manos de Felice Anerio y Francesco Soriano que publicaron la versión autorizada de los cantos en la llamada Editio Medicea de 1614.
Atlas destaca dos reformas litúrgico-musicales en particular, una fue la estandarización de la liturgia de la misa de réquiem; la otra fue que de la cantidad de secuencias que se habían ido acumulando, sólo cuatro escaparon a la censura del concilio: Victimae Paschali laudes (Pascua), Veni sancte spiritus (Pentecostés), Lauda Sion (Corpus) y Dies Irae (misas de réquiem). En 1727 se restableció el Stabat mater para la festividad de la dolorosa.
La reforma del gregoriano no se revisó hasta el siglo XIX con Pío X y los monjes de Solesmes (1904).


Panorama musical.

España: Tomás Luis de Victoria (1548-1611).

El compositor más importante de la escuela romana después de Palestrina fue el español Tomás Luis de Victoria. Durante el siglo XVI hubo una estrecha vinculación entre los compositores españoles y romanos.
Victoria llegó al Collegio Germánico de los jesuitas en Roma en 1565; probablemente estudió con Palestrina y le sucedió como maestro del seminario en 1571. Volvió a España hacia 1587, donde fue nombrado capellán de la emperatriz María.
Sus composiciones son exclusivamente sacras. Las mayoría de las misas de Victoria se basan en uno de sus motetes, como es el caso de la misa “O mágnum mysterium”, basada en el motete homónimo.
El motete “O mágnum mysterium” explota una variedad de texturas y motivos para expresar sucesivamente el misterio, la maravilla y la alegría de la Navidad. Victoria convierte el principio del motete en una fuga con dos sujetos similares derivados del único tema del motete. Al igual que Palestrina, Victoria se esforzó por conseguir una armonía de tríadas completas, excepto al final de las secciones del Kyrie donde prefería el sonido puro de las consonancias perfectas.
Otros compositores españoles notables de música eclesiástica fueron Francisco Guerrero (1528/1599) y el catalán Joan Pujol (ca. 1573-1626), que pertenece cronológicamente a un período posterior, aunque su estilo es, en esencia, el de la escuela de Palestrina y Victoria.

Italia: Palestrina y Orlando di Lasso (1532-1594).

Palestrina es el referente de la música de la contrarreforma, razón por la cual será tratado a parte.
Lasso se encuentra entre los grandes compositores de música sacra de fines del siglo XVI. Destacan sobre todo sus motetes. Fue una de las figuras más cosmopolitas de la historia de la música, y su producción total, finalmente, llegó a superar las dos mil obras.
Durante los últimos años de su vida, bajo la influencia del espíritu de la Contrarreforma, Lasso se consagró por completo a poner en música textos sacros, sobre todo madrigales religiosos.
No es posible hablar verdaderamente de un “estilo de Lasso”; se trataba de un hombre demasiado versátil. El contrapunto franco-flamenco, la armonía italiana, la opulencia veneciana, la vivacidad francesa, la gravedad alemana, todo ello puede encontrarse en su obra, que resume, de forma más completa que la de cualquier otro compositor del siglo XVI, los logros de una época.

Inglaterra: William Byrd (1543-1623).

Entre las obras de Byrd se incluyen canciones polifónicas inglesas, piezas para teclado y música para la iglesia anglicana; Grout opina que: “indudablemente, sus mejores composiciones vocales son sus misas y motetes en latín.” También explica que debido a la situación religiosa de Inglaterra (anglicana) no es de extrañar que solo escribiese tres, aunque las califica como: “entre las mejores versiones de la misa escritas por un compositor inglés”, cosa que debido a la situación religiosa que él mismo cita no me extraña.
Fue el primer compositor inglés que absorbió las técnicas imitativas continentales.



Giovanni Pierluigi da Palestrina (1525/1526 – 1594)

Vida y obra.
Nacido en el pueblecito de Palestrina sirvió como niño cantor y fue educado en Roma. En 1551 fue nombrado maestro de coro de la Capella Giulia, en San Pedro de Roma. En 1554 publicó su primer libro de misas, dedicado a su protector el papa Julio III. Fue durante poco tiempo cantor de la capilla sextina pero tuvo que renunciar por estar casado.
Después paso por San Juán de Letrán (catedral de Roma) y Santa Maria Maggiore.
En 1571 volvió a San Pedro donde permaneció como maestro hasta su muerte. Recibió dos ofertas de Maximiliano II y el duque de Mantua, pero las rechazó, aunque compuso 9 misas para este último.
En su inmensa mayoría, la obra de Palestrina es sacra, escribió 104 misas, alrededor de 250 motetes y otras muchas composiciones litúrgicas, además de unos 56 madrigales sacros con textos en italiano. Sus aproximadamente 100 madrigales profanos son (según Grout) técnicamente perfectos, pero conservadores, a pesar de ello, en épocas posteriores de su vida, Palestrina “se abochornaba y dolía” de haber escrito música para poemas de amor.

Su estilo.

Su técnica de composición se ha estudiado con una enorme minuciosidad, se le ha calificado como la “perfección absoluta” del estilo eclesiástico. Se le ha reconocida que captó mejor que ningún otro el espíritu de la contrarreforma.
Al poco de morir se hablaba de un “stile da Palestrina” como patrón de música religiosa polifónica. Los libros de enseñanza del contrapunto, desde el célebre Gradus ad Parnassum de Johann Fux (1725) hasta los más recientes se han fijado la meta de guiar a los jóvenes compositores a recrear este estilo.
Seguramente estudió de forma muy profunda las obras de los compositores franco-flamencos y adquirió la maestría de sus logros técnicos.
Grout nos ilustra su música de esta manera:
“El carácter diatónico dulce y, en especial, el discreto manejo de la disonancia, confieren a la música de Palestrina una serenidad y un transparencia sólidas.”
El estilo de Palestrina fue el primero en la historia de la música occidental que, conscientemente, se mantuvo, aisló e imitó como modelo en épocas posteriores. Es éste el estilo en que solían pensar los músicos cuando hablaban de stile antico o stile grave.

Los mitos de Palestrina.

La reputación de Palestrina se apoyó fundamentalmente en dos mitos, según Atlas.
El primero de los mitos hace referencia a Palestrina como el salvador de la polifonía. Este mito surge en 1607 de la mano del teórico Agostino Agazzari, consiste en la creencia de que cuando el concilio de Trento debatía sobre la supresión de la polifonía, el cardenal Borromeo le encargó una misa que se ajustase a los deseos de no empañar el texto. Entonces Palestrina compuso la Misa del Papa Marcelo.
En realidad la misa podría estar fechada unos años antes y no hay ninguna prueba de que fuese compuesta para tal fin.
El segundo de los mitos tiene relación con el apartado anterior y es el que ve a Palestrina como modelo pedagógico, modelo del stile antico, el estilo de contrapunto diatónico a capella, que pervivió hasta el siglo XIX (el mismo Beethoven estudió contrapunto al estilo de Palestrina). Esta visión de Palestrina llegó a su cima con el tratado de Fux (ya citado) que escribió en forma de diálogo entre él mismo y su maestro, Palestrina. Fux convirtió el estilo de Palestrina en norma pedagógica.
El problema es la exageración, el mito convierte a Palestrina en representante del contrapunto modal del siglo XVI, algo que no fue, pues también trabajo con la homofonía, sino no hubiese sido capaz de salvar la polifonía…

Bibliografía

- Donal J. Grout; Claude V. Palisca: Historia de la música occidental, 1 (Madrid: Alianza Editorial, 2006)
- Alfredo Floristán: “La ruptura de la cristiandad occidental: las reformas religiosas” pp. 98-104 en Alfredo Floristán (coord.): Historia Moderna Universal (Barcelona: Ariel, 2002)
- Allan W. Atlas: La música del renacimiento (Madrid: Akal, 1992)
- http://www.youtube.com/watch?v=KNaRcOhvtos (marzo, 2009)
- http://www.youtube.com/watch?v=VTdveOKGzXc (marzo, 2009)
- http://www.cpdl.org/wiki/images/sheet/pale-sic.pdf (marzo, 2009)
- http://www.cpdl.org/wiki/images/sheet/vic-omm6.pdf (marzo, 2009)
- http://images.google.es/ (marzo, 2009)

Iván Fernández Coba.
5º de Grado Profesional.
CMUS "Xan Viaño" de Ferrol.
Curso 2008-2009.

sábado, 6 de junio de 2009

Mendelsshon: Lied ohne Worte E-dur Opus 30 Nº 3

O autor é Mendelsshon, un compositor romántico, do século XIX. Os "lieder sen palabras" son unhas pequenas pezas nas que Mendelssohn emula o estilo das cancións (lied) que estaban de moda, pero neste caso non hai voz, interprétase só co instrumento de teclado, o piano. É un lied, unha peza de curta duración, de forma libre que adoita tomar algunha das pequenas formas. Neste caso é unha forma ternaria reexpositiva con introducción e coda (INTRODUCCIÓN + A + B + A' + CODA). A introducción consiste no acorde de tónica despregado en forma de arpexio (Mi maior) e que nos conduce a unha cadencia perfecta entre os compases 2 e 3, onde remata. Todo isto cunha indicación expresa do uso do pedal, perece que estemos emulando o son dun harpa ou similar. A parte A lévanos primeiro a unha semicadencia, precedida dunha tensión á dominante, un antecedente, seguido do seu consecuente, que remata en cadencia perfecta ampliada, precedida incluso dunha tensión, unha dominante do II, que está na cadencia. A continuación outro período de características semellantes, curiosamente nestes períodos o consecuente é sempre igual. No terceiro pulso do compás 11 comeza a parte B. Esta zona é harmónicamente máis inestable, primeiro imos cara a Do#m, o relativo do tono principal, pero logo imos a Si M, o tono da dominante, deste xeito, a volta a Mi M ocorre como algo natural. A textura é diferente, máis homofónica, fronte á anterior, máis de melodía acompañada. Ao comezo do tema, cando as modulacións (compases 11, 12, 13) trabállase co movemento contrario tentando levalo ao límite. Despois a voz superior baixa nunha seria de sextas ata configurar un acorde de 9ª, acadando no compás 14-15 unha cadencia perfecta en Si M, que reitera posteriormente. Logo dun enlace, volta a Mi M, estamos na parte A'. A parte A' é moi semellante á parte A. Realmente só varía o antecedente do segundo período (compases 21-22-23) no que pasa polo tono da dominante e recolle algunhas das características da parte B coma o movemento contrario, a textura homofónica e o contraste dinámico con respecto ao que ven antes e despois. O final péchase con 3 compases de coda idénticos aos 3 da introducción. Esteticamente é salientable o uso das dinámicas, mellor dito, do contraste dinámico para das máis expresividade ña peza, esta é unha característica romántica. É unha peza breve, que nos mostra moitas caracterísitcas románticas e que casualmente ten unha forma simétrica, 14 compases a un lado e 14 a outro unidos pola serie de sextas.
Iván Fernández Coba. 5º de Grao Profesional. CMUS "Xan Viaño" de Ferrol.

sábado, 30 de mayo de 2009

Características e evolución dun ultramarinos dende 1948 ata o 2007.


Introducción.

Quero expresar o meu mais profundo agradecemento ao meu pai, principal fonte deste traballo. Gustaríame que este traballo recollese os froitos de tantos anos de dedicación case que exclusiva á súa tenda.
A estructura do traballo queda reflectida ao meu xuízo no título, pois o que paso a facer a continuación non é se non caracterizar o tipo de negocio, situándoo ademais nun contexto histórico e social determinado e rastrexar a traxectoria (evolutiva ou involutiva) que levou dende a súa apertura no ano 1948 ata o seu peche definitivo en xuño do 2007.
Tamén me gustaría que este traballo nos leve a todos os que entremos en contacto con el a unha reflexión sobre o impacto das grandes áreas comerciais, que deixan valeiras as nosas rúas e que acaban coas nosas tradicións e modos de ocio e comercio.
Iván Fernández Coba


Localización e caracterización do establecemento

Descrición xeral do negocio.
Trátase este establecemento dun ultramarinos de tamaño máis ben pequeno. A superficie real do establecemento de cara ao público non supera os 20 metros cadrado. Podemos definilo como unha tenda de barrio, concepto en perigo de extinción. Pero ata agora aínda quedan algunhas, só as hai que buscar ben. Atendido por persoal sen estudos de administración de empresas, nin de economía, cunha formación básica e sen estudos medios nin superiores.
Situación Temporal.
O establecemento estivo aberto ao público ininterrompidamente dende o ano 1948 ata o 2007.
Situación espacial e valoración da mesma.
Esta tenda está situada nun lugar comercialmente algo privilexiado, case entre dous barrios. Formalmente, está situada no barrio de Esteiro. Para sermos exactos, estamos a falar da rúa Pascual Veiga, situada en fronte da Comisaría de Policía Nacional de Ferrol – Narón.
O caso é que, ao estar situada entre dous barrios, a tenda era frecuentada por clientela de ámbolos dous barrios, unha posición beneficiosa con respecto a outras tendas. Aínda así, tampouco era tanta a diferencia, pois había clientela suficiente para todo o mundo. Cada zona tiña a súa tenda e máis ou menos os seus clientes, que residían preto do establecemento.

Contexto histórico e social.

O barrio de Esteiro e a súa evolución.
O antigo barrio de Esteiro xorde no século XVIII como lugar de residencia para os traballadores dos estaleiros da cidade, en contraposición ao famoso barrio da Magdalena, centro da cidade e lugar escollido pola burguesía local e os militares. A pesar das súas diferencias sociais, ambos barrios foron ideados ex novo para albergar á nova poboación que atraería a elección do lugar para situar os estaleiros e o arsenal militar. Pero cabe destacar, que aínda que se aprecia a idea de racionalidade na traza de ambos barrios, o proxecto para o barrio da Magdalena era máis ambicioso (aínda máis que o que vemos hoxe, xa que se plantexaba un barrio de vivendas idénticas con soportais nas beirarrúas, pero que foi desestimado polo medo a que os constructores se botasen atrás con tantas esixencias) que o de Esteiro, xa que tiña un fin máis importante, albergar á elite social da cidade.
O certo é que en canto á súa cronoloxía, foi a poboación de Esteiro a primeira en ver a luz. Foi a mediados de século, ao trasladar o estaleiro da Graña ás abas do monte homónimo ao barrio de Esteiro. E o seu fin non era outro que de acoller á poboación concorrente aos traballos navais. A maior parte dos terreos, uns 23.000 m2 , onde debía situarse o cadro eran propiedade do bispado de Mondoñedo, quen os cedeu en venda á coroa.
En principio estaba proxectada unha estructura ortogonal, similar á da Magdalena, aliñando lonxitudinalmente seis rúas paralelas de 428 metros cada unha, cortadas por unha serie de estreitas rúas transversais. Os edificios resultantes de tales quinteiros tiñan que ser de pouca profundidade e moita lonxitude de fachada, como era común nos trazados do século XVIII. A ámbolos dous lados deste plan xeral situábanse dúas prazas: a de San Agustín e a do Hospital Militar. Neste novo recinto estaba prevista a construcción de diversas instalacións de administración e servizos como a sede da Intendencia de Mariña, o cuartel de Garda Mariñas, o Observatorio Astronómico, o Hospital Militar, a Igrexa Castrense e as oficinas da Armada. Mais de todo isto só se cumpriu o trazado das rúas e a construcción do Hospital Militar que hoxe é, xunto cos seus arredores o Campus de Esteiro, da UDC. Na realidade, erixíronse unha serie de edificacións mediocres feitas na súa maioría de barro, lousa, algunha mampostería e madeira, incluíndose algúns sillares nalgunhas edificación de certa entidade. Concibiuse, en principio como un lugar de acollida dos traballadores das obras do estaleiro, pero continuou alí sendo unha das zonas menos privilexiadas de Ferrol, nunha constante decadencia onde se atopaban os peores vicios da cidade ata a súa desaparición física, en pro da especulación urbana na ano 1970.
Ao derrubar o antigo Barrio de Esteiro, tamén chamado “Cadro de Esteiro” en referencia ás súas rúas trazadas ortogonalmente, a maior parte da súa poboación emigrou ao recén construído barrio de Caranza, obra de época Franquista. No sito deste emblemático barrio, do que hoxe só queda unha rúa (a principal) e media foi construído un moderno barrio que constitúe a última gran ampliación da cidade, con grandes bloques de 9 e 10 pisos en torno á Avenida de Esteiro, que serve tamén como unha das saídas e entradas á cidade departamental.
Análise e evolución.

Os productos e a súa procedencia.
Neste apartado tratarei de desmenuzar os productos que se puideron adquirir neste establecemento, así como ver a súa procedencia, é dicir, onde eran adquiridos para a súa posterior venda ao público. Estes productos, en xeral, de consumo frecuente e moi vinculados coa alimentación na súa grande maioría, eran adquiridos nos denominados almacéns existentes na cidade. Un dos que máis destaca é o almacén “de coloniais”, chamado de “Pita Romero” por ser este o dono, e que tiña unha ampla variedade de productos. Este almacén estaba situado en pleno centro da cidade departamental con fachada cara a dúas rúas do barrio da Magdalena; na actualidade ese espacio comercial foi ocupado por unhas coñecidas galerías comerciais. Tamén había os correspondentes almacéns específicos para productos coma as patacas, a froita, os licores, os productos de droguería, etc..
Comezarei este repaso polo pan, producto esencial na dieta e que polo tanto foi vendido dende os comezos. Este pan, vendido en barras ou bolos tiña varias procedencias. Por unha banda, un forno da cidade facía pan con fariña de fora, “castellana”, e as repartidoras levaban o pan a pé con carriños de man de dúas rodas ás tendas da cidade. Por outra banda, as tradicionais panadeiras de Neda (municipio veciño sito na outra banda da ría, ou lado do muíño de Xubia) traían en carros de cabalo pan feito con fariña de trigo “do país”. Tamén destaca a venda de pan de maínzo, vendéndose nas mesmas proporcións ca o de trigo, dependendo claro, das capacidades económicas dos clientes. A isto se lle sumaba a venda de pan feito con fariña “de mestura”, que tiña ambas fariñas. Posteriormente a bonanza económica e as melloras técnicas fixeron máis abundante o pan de trigo e posibilitaron que os repartidores acudisen en vehículos a motor, tal e como os vemos hoxe en día.
O seguinte artigo é máis propio das primeiras épocas da tenda, sendo hoxe complicado de atopar nos establecementos. Estou a falar da leña, leña de toxo para sermos máis exactos. Esta leña era traída desde as aldeas en carros de cabalos e máis tarde en camións. Era na súa época un ben dunha gran importancia, pois con esta leña funcionaban as cociñas chamadas “económicas”, que eran as que había en todas as casas, o que a convertía nun ben de primeira necesidade na cidade, pois na aldea non era necesario mercala ao tela ao lado da casa. Continuou sendo vendida en tacos dun tamaño axeitado ao das cociñas ademais de piñas para prender o lume ata finais dos 60, en que estas cociñas foron sendo menos frecuentes.
A carne, fundamentalmente touciño, era adquirida nas feiras. Ocupan un lugar de relevancia os embutidos, coma chourizos, salchichón, xamóns... que procedían da fábrica de embutidos, de onde eran traídos por un repartidor nun camión. Destaca a máquina de cortar embutidos, dos 60, un exemplar mecánico que utiliza a forza manual a través dunha manivela para mover o disco de aceiro inoxidable e tamén acerca a peza máis ou menos segundo se queira.
As patacas procedían do almacén de patacas, que estaba preto da tenda. Este situación facía que o repartidor viñese andando cun carro pequeno de repartidor, repartindo para todas as tendas da zona. Posteriormente os repartidores empregaron camións como actualmente fan.
No que atende á froita, fundamentalmente falamos de mazás, peras, laranxas, plátanos e uvas. Nos primeiros tempos meu pai ía ao mercado a por ela. Pero máis tarde comezou a vir un repartidor do almacén de froitas. Deste almacén tamén procedían as castañas.
O aceite, vendido a granel, ao igual que os productos anteriores, procedía do almacén “de coloniais” que tiña unha grande variedade de productos, ata tenda era traído polos repartidores deste almacén. O sal, tanto grosa coma fina, procedía tamén deste almacén. Ao igual que as especias, coma o azafrán, o pimentón doce e picante, os cominos, a canela en rama e en pó, o cravo, a pementa branca... E a partir dos anos 60 o gas a granel para as cociñas.
O leite era traído primeiro da aldea en bidóns de 25 litros para vender a granel ata o ano 55. Despois as empresas leiteiras tomaron o relevo e comezaron a envasar e repartir o leite xa envasado nos seus camións aos diversos establecementos.
Outro dos productos vendidos eran as bebidas alcohólicas. Neste capítulo entra por exemplo o viño, vendido en tres variedades: branco, tinto e clarete. O viño antes era vendido a granel, estaba na tenda en tres toneis (un para cada tipo de viño) de 100 litros. Este, ao igual que a sidra, que viña embotellada, procedía do almacén de licores, de onde era traído por un repartidor do devandito almacén. Tamén se vendía augardente e caña para facer licor de guindas nas casas, esta procedía da fábrica de licores.
Os refrescos traíaos un repartidor da fábrica. Fundamentalmente, podemos falar de auga con gas e de sifón. Claro está que actualmente o oco destes productos era ocupado polos refrescos de cola e de similares características.
No apartado da panadería industrial e os doces en si, sen ser industriais, podemos falar fundamentalmente que antes se vendían fundamentalmente empanadas e bolas, sobre todo para a festa da patroa: O Pilar en Recimil e as Angustias en Esteiro. A partires dos 50 comezan a mercarse tamén os sábados. Estas bolas e empanadas procedían das propias panaderías que subministraban o pan. Tamén se detecta, máis tardiamente a aparición de novos productos coma os Donuts e as galletas, que viñan dun almacén de comestibles.
O azucre viña do almacén en sacas de 60 quilos. Do almacén tamén procedían o café en gran, o malte (cebada tostada), a cascarilla (as cáscaras do cacao) e a achicoria, que se vendían a granel. As gominolas, caramelos, doces e froitos secos eran repartidos por repartidores das empresas distribuidoras deses productos.
De fariña había dous tipos, que tiñan distintas procedencias. Primeiro hai que falar da fariña de maínzo. A fariña de maínzo viña da aldea, onde se cultivaba o maínzo e se moía nun muíño eléctrico antes de vir cara a Ferrol. Despois está a fariña de trigo, que era fariña de fóra, tamén chamada “castellana”. Esta fariña procedía dun almacén e era traída polo repartidor de dito almacén.
Vendíanse tamén legumes, como arroz, garavanzos, fabas e lentellas. As fabas eran mercadas nas feiras celebradas en Ferrol. O resto dos legumes viñan do almacén. Do almacén tamén viñan as conservas, de pescado, pementos, guisantes, melocotóns, piña... Estas conservas viñan, como agora, enlatadas, sendo nos primeiros tempos un dos poucos productos que non eran vendidos a granel.
E como na tenda se vendía de todo, tamén era este o lugar indicado para adquirir outro tipo de productos non alimenticios, coma por exemplo os productos de mercería (fíos, panos, cremalleiras...) que procedían dun almacén “de paquetería”. Tamén se atopaban neste establecemento productos de droguería, procedentes dun almacén “de droguería”. Entre estes atopamos a lixivia, o papel hixiénico, as colonias, a laca do pelo, o xabón, e outros moitos. Deste almacén de droguería tamén procedían outros productos diversos coma chupetes de neno, xoguetes, bombillas...
Un producto que vendía antes e que agora xa non se ofrecía aos clientes era a comida para os animais, fundamentalmente maínzo e salvado que procedía dun almacén “de pensos”.
E, por último, os productos de papelería, xa que a especialización dese sector comercial é recente, exceptuando algunhas e sonadas librerías, aínda que estas venderan fundamentalmente libros. Dentro desta categoría entran os lapis e bolígrafos para escribir, as libretas, etc. Procedían dun almacén “de papelería”.
Como vemos, fundamentalmente se toca o sector alimentario, aínda que tamén se vende un pouco de todo, para satisfacer un pouco tódalas necesidades dos clientes.
Horarios e condicións de traballo.
Neste apartado tentarei facer unha análise do que supuña o traballo de dependente nun establecemento das características do que nos ocupa. O traballo de tendeiro foi no seu momento un oficio bastante absorbente e que requiría unha atención e dedicación ao establecemento moi importante. Pero a intensidade de dedicación foi cambiando coa propia evolución deste tipo de establecemento, xa que cada vez se abrirá menos tempo e haberán menos clientes, ata chegar aos nosos días onde xa se madruga menos e se pecha cedo, antes da hora de comer, xa sen miras de abrir pola tarde. E dese tempo que o establecemento está aberto, tampouco é tan intenso o traballo, con horas enteiras sen facer nada ante a pouca afluencia, que ven case sempre a unhas horas determinadas todos os días, exceptuando esas compras de última hora, que poden aparecer en calquera momento.
Podemos establecer, varias etapas con distinta intensidade de traballo. A primeira etapa podémola situar en torno aos anos 1948 e 1955. Nesta etapa abríase de 8 da mañá a 10 da noite, ininterrompidamente e de luns a domingo, aínda que dependendo das normativas habería que pechar o domingo pola tarde ou non.
Unha segunda etapa versaría entre os anos 1955 e 1975. Nesta etapa apréciase unha reducción nas horas de traballo, abrindo ininterrompidamente de 9 da maña a 8 e media da tarde. Os sábados só se abría pola mañá, e os domingos xa non se abría. Tamén é destacable dicir que abrir os sábados requiría un traballo moi intenso, xa que só se abría pola mañá e as ventas eran as mesmas. Ese día, despois de descansar, revisábanse as facturas e ao rematar se aínda había forzas había un rato para o ocio, tempo por exemplo, para achegarse a un dos desaparecidos cines ferroláns.
A terceira etapa establecina entre os anos 1975 e 1995, as datas non son exactas, so son orientativas, falariamos neste caso de dende mediados dos 70 a mediados da década dos 90. A principal novidade nesta etapa é a introducción do peche a mediodía para comer, abrindo de 9 da mañá a 2 e logo pola tarde de 4 a 8 e media. En canto a sábados e domingos, manterase ata o 2007 a tendencia a abrir os sábados pola mañá e pechar o resto do día e o domingo.
A cuarta etapa vai dende 1995 ata o 2000. Fundamentalmente se trata dunha lixeira reducción nos horarios, que agora irán de 9 e media a 2 e pola tarde de 5 a 8 e media da tarde.
E, por último, nos últimos sete anos só abría pola mañá, de 10 a 2, debido ao pouco volume de negocio rexistrado polas tardes (case nulo) e a outras circunstancias como o frío das tardes de inverno (un baixo dos anos corenta, cunha altura no teito superior ao dous metros) e outras.
Os clientes.
Durante a maior parte da actividade deste ultramarinos, ata a aparición dos supermercados e as grandes superficies, as características son similares en tódolos sentidos, e tamén no eido dos clientes. Tendo en conta a conxuntura social e económica deste establecemento, situado entre un barrio obreiro (Esteiro) e unhas vivendas sociais da posguerra española (Recimil) unha parte considerable da clientela constituíana as mulleres de traballadores dos estaleiros da E.N. Bazán. Claro que tamén era importante a porcentaxe de mulleres de militares, ao ser Ferrol unha cidade cun marcado carácter militar. Tamén acudían á tenda nenos que ou ben se achegaban a mercar larpeiradas para eles ou cumprían encargos das súas nais, verdadeiras encargadas da economía doméstica.
A clientela era moito máis abundante e fiel que nos tempos que corren, e aínda que había moitas tendas, tamén había moita xente e non había outro sitio para mercar, ao non existir aínda os supermercados e autoservicios, que dende a súa aparición foron prexudicando aos ultramarinos. Fenómeno similar, mutatis mutandis, ao que o comercio popularmente coñecido como "todo a 100" está a sufrir coa competencia dos Bazares chineses, que teñen unha gran cantidade e variedade de productos a uns prezos de difícil competencia.
A afluencia deses clientes era continua, e, dada a proximidade deste comercio, a xente non dubidaba en acudir varias veces no día, levando o que precisaba a cada momento. Esto nos choca un pouco na nosa época da "lista da compra", na que mercamos todo o que podemos de vez para desprazarnos o mínimo posible, xa que os supermercados non están tan accesibles.
Nos últimos anos, estes establecementos son o refuxio de persoas de idade avanzada, que levan toda a vida mercando na súa tenda de sempre e non teñen gañas, por dicilo dalgunha maneira, de "quentar a cabeza" indo a un supermercado, onde non está o seu tendeiro de sempre, que o coñece e co que pode ter unha grata conversación. Tamén é o refuxio desa compra de última hora do artigo que se esqueceu mercar, esas compras de escasa importancia, so para saír dun apuro.
Os métodos de cobro.
No apartado dos métodos de cobro caben sinalar fundamentalmente dous: o pago ao contado e o fiado.
Cando se lle fiaba a un cliente, se lle daba unha libretiña, para ir apuntando os importes das compras realizadas. Esta libreta era persoal, ademais desta, o tendeiro tiña unha libreta máis grande onde apuntaba o fiado de todos os clientes. Estes clientes pagaban a final de mes. Entón, ao realizar as compras diarias íase apuntando nas dúas libretas e ao final de mes se cobraba todo xunto. Algunhas persoas se aproveitaron deste sistema, pois desaparecían ao chegar o final do primeiro mes sen pagar nada, eran os chamados “pufos”. De darse esta situación, o comerciante estaba nunha total indefensión perante a lei, ao non existir factura algunha.
O outro método é o que nos é máis habitual, aínda que hoxe tamén usemos as tarxetas de crédito, aínda seguimos usando o pago en metálico ao contado.
E neste apartado nada mellor que repasar algunhas das moedas que circularon para abonar o custo dos productos durante a singradura deste establecemento. Aquí os datos non son exactos e as datas son orientativas, non coinciden coas datas de circulación das moedas.
Unha primeira etapa podémola situar entre os anos 1948 e 1955. Onde a usual moeda de máximo valor sería a de 25 pesetas, seguida da de 5 pesetas, o noso popular “peso” ou “duro”. Despois estaría a peseta de aluminio, seguida da moeda de 25 céntimos ou “real”, a de 10 céntimos ou “mota” e a de 5 céntimos de cobre ou “chico”.
Unha segunda etapa sería a que abarca o resto do réxime franquista onde, convivindo coas anteriores aparece a moeda de 100 pesetas, tamén aparece aínda que por pouco tempo debido á súa impopularidade a moeda de 2,5 pesetas ou “medio peso”. Foi tamén nesta etapa onde atopamos a moeda de 1 peseta “rubia” e se produce a progresiva desaparición dos céntimos.
Outra etapa sería a que seguiría tras a etapa franquista, onde convivindo coas anteriores aparecerían a moeda de 500 pesetas, a de 50 pesetas, a de 25 pesetas ou “5 pesos” e a peseta de aluminio, que xa recordamos todos.
E, por último algo que tamén todos vivimos, que foi o cambio á nosa actual moeda, o euro.
O envasado e a taxación dos productos.
Neste apartado e onde quizais o cliente das grandes superficies note unha gran evolución, acostumado como estará a ver todo envasado e listo para meter no carro e pasar pola caixa. O certo é que esta acción é moi recente, tan recente como a aparición dos supermercados, xa que antes, a gran maioría dos productos eran vendidos "a granel", é dicir, a taxación é realizada nunha unidade de medida, xeralmente o kilo (o litro para os líquidos coma viño ou leite), e o cliente solicita unha determinada cantidade do producto en cuestión. Posteriormente se aplica unha regra de tres entre o prezo por unidade de medida e o que mide. Este sistema aínda é utilizado nos mercados, froiterías, carnicerías, peixerías...
Para medir o instrumento indispensable en toda tenda era a balanza ou pesa, que servía para todos os productos salvo para os líquidos, para os que había unha serie de recipientes de distintas medidas. O aceite tiña un sistema propio, consistente nun aparello que tiña unha especie de compartimento semi-estanco que producía o baleiro para absorber do bidón en que estaba este aceite unha determinada cantidade de aceite, que despois saía por unha billa.
A grande excepción nesta época son as conservas, que xa viñan enlatadas.
Ás veces, algúns productos non se vendían por unidades de medida, senón por unidades monetarias. Así, podiamos atopar xente que solicitaba "un peso de café", ou "tres reais de malte". Estas cantidades eran pequenas, e eran servidas "a ollo", sen usar balanza, xa que igual era pouco máis dunha presa pequena e tampouco había moita marxe de erro.
Este tipo de sistemas sempre favorece a picaresca do comerciante, que podía rematar botando unha pouca de auga no leite ou no viño, para cobrar o mesmo gastando menos.
En épocas máis recentes comezan a aparecer os productos envasados, ao principio en cristal e lata, moito máis recentemente en plástico, que é como moitos estamos acostumados a velos.
Principais innovacións técnicas.
Neste caso, o propietario do negocio decidiu non facer reformas nin se meteu a innovar no seu negocio demasiado. Fundamentalmente son dúas as novidades que viu este establecemento. Ambas son dos anos sesenta.
A primeira é unha máquina de cortar embutidos e fiambres. Trátase dun exemplar da marca DISVE, que utiliza a enerxía proporcionada polo ser humano mediante unha manivela para mover o carro, que vai achegando os productos conforme os corta, e o disco que corta. A persoa que corta só ten que darlle á manivela e vixiar cánto e cómo quere as lonchas.
A segunda innovación é a aparición da nevera.

A decadencia do pequeno comercio fronte aos supermercados e grandes áreas comerciais

O impacto da aparición dos supermercados e as grandes áreas comerciais
Nos últimos anos vimos vendo unha implantación progresiva de grandes superficies comerciais que aglutinan todo o necesario para o consumidor dos nosos días. Estou a referirme aos supermercados e ás grades áreas comerciais e de ocio xa tan comúns en todas partes, sobre todo nas cidades.
Os primeiros en ver este fenómeno foron os pequenos comerciante dos ultramarinos ante a competencia dos supermercados. Pero algúns dos últimos en darse conta deste cambio nos hábitos de consumo foron os donos de postos nos mercados municipais e os pequeno e mediano comercio das cidades e vilas galegas ante a competencia, no caso dos primeiros dos supermercados e no caso dos segundos dos centros comerciais.
O impacto da aparición destas novas fórmulas comerciais foi moi grande, tanto que nas cidades son o símbolo do consumo. Cando pensamos en ir de compras ou ir facer a compra, nas cidades poucos pensan en ir ao mercado ou en ir dar unha volta polo barrio ou polo centro, senón que nos aparece a imaxe do supermercado ou do centro comercial.
Pero é que lle hai que ver as vantaxes que ofrece fronte ao comercio máis tradicional, proporcionando os servicios precisos para facer as nosas compras, todo xunto no mesmo sitio, máis cómodo. Ofrecendo por exemplo aparcamento, algo case impensable no pequeno comercio, onde toca andar a pé, algo difícil de pedirlle á sociedade de hoxe en día. Estes factores e outros fixeron que os consumidores fosemos pouco a pouco cambiando os nosos hábitos de consumo cara aos actuais, abandonando os nosos comercios de toda a vida.
O pequeno comercio como refuxio dos nostálxicos e das compras de última hora.
A decadencia do pequeno comercio vese reflectida nun descenso das vendas, debida a un traslado da clientela, que opta polas grandes superficies e os supermercados para efectuar as súas compras. O que pode ofrecer este pequeno comercio do sector da alimentación ao consumidor é a proximidade e o trato persoal dun comercio do xeito tradicional. É isto o que atrae aos clientes das tendas, nostálxicas persoas, normalmente de avanzada idade que as prefiren aos supermercados e que se fían do seu tendeiro de toda a vida. Tamén son o refuxio da compra do artigo de última hora, algunha parvada pola que non merece a pena coller o coche para achegarse a unha gran superficie.
Inflúe tamén o cambio de hábitos no consumo. Mentres que antes se facía a compra case diariamente, collendo o necesario para cada día, agora facemos a compra cantas menos veces mellor, iso si, gastando máis cartos cada vez e enchendo o carro máis para ter que volver o máis tarde posible.



BIBLIOGRAFÍA

RAMIL, E. et al..-Historia de Ferrol, A Coruña, Vía Láctea Editorial, 1998.

viernes, 29 de mayo de 2009

Sebastian Haffner: Historia dun alemán

PROLOGO
Este libro cóntanos como un home ten que loitar contra o estado. Un estado que se mete na súa vida e ataca aspectos persoais, pedíndolle que viva doutra maneira totalmente distinta a como lle gusta. Estes duelos, en Alemania (que é onde estamos) non son un caso particular, e de feito, o autor intenta facer ver que millóns de persoas se viron en circunstancias similares, pequenas revolucións no ámbito privado que fan que non se vexan reflectidas na historia convencional. A historia convencional, que semella que so a viven unhas poucas persoas, que son os personaxes históricos, pero fora dese círculo, pouca xente máis se ve afectada de maneira drástica polos acontecementos convencionais, non se disolven a mistades, nin familias, ninguén ten que emigrar, en cambio os cambios sufridos na Alemania de 1933 si que tiveron grandes consecuencias na vida privada de moitos alemáns. Comeza a historia. O autor sitúanos no ano 1914, no comezo da Gran Guerra, nas vacacións de verán. Ata que punto, os “acontecementos históricos” non influían na poboación, que esta familia decidiu irse de vacacións a pesares de estar en guerra. Posto que ata aquel momento unha guerra era algo que ocorría lonxe, na que como moito había algúns soldados con secuelas e mortos, pero iso era lonxe, a guerra era para os rapaces como un partido dalgún deporte, cada un apoiaba a Alemania cara a unha victoria sobre o inimigo, ao que non se odiaba, simplemente era un contrincante, e a súa derrota era precisa para a victoria alemana. Nese agosto de 1914 pasouse desa tranquilidade á mobilización, e os rapaces e non tan rapaces enchíanse de orgullo lendo os partes de guerra onde se detallaban as victorias alemanas. Reaccións infantís ante a guerra, moi relevantes, pois a masa, móvese por impulsos infantís, a idea da guerra como o xogo entre nacións movía á masa á que non lle importaba pasar fame e apretarse o cinto mentres a súa nación seguía abatendo soldados a moitísimos quilómetros de distancia. De estas ideas sacou moito o nazismo, por exemplo a súa ansia bélica contra o veciño, que é recoñecido como adversario, pois, senón non habería con que xogar. Desta xeración de nenos alemáns se nutriría o nazismo, non da experiencia na fronte, de aí so sairían nazis que viven a guerra con xúbilo como unha especia de vinganza contra a vida (e este tipo pertencería Hitler). A auténtica xeración do nazismo son os nacidos entre 1900 e 1910, que viviron a guerra á marxe (pasaron fame, pero un alemán non se queixa por pasar fame). Unha xeración que xogaba a “xogos de guerra” no colexio. Pero a guerra non é eterna, catro anos despois en 1918 comeza a verse como Alemania non avanza, e dun día para outro xa non houbo parte de guerra. Alemania non vencera. A guerra rematara e Alemania non vencera. A decepción foi grande, tanto para el como para un soldado alemán de 29 nos, chamado Adolf Hitler, este decidiu dedicarse á política. A revolución de 1918 foi producto dun colapso militar, o pobo sentiuse enganado e expulsou aos políticos. Pero non alterou as vidas dos alemáns, simplemente lles arrebatou ese mundo de fantasía bélica no que vivían. De feito, o estalido bélico estaba asociado cunha etapa de exaltación nas vidas dos alemáns, en cambio a revolución deixou recordos sombríos, probablemente porque foi en inverno, iso non axudou, mentres a guerra comezou no verán. Nesta etapa tamén os berlineses comezaron a escoitar disparos, a guerra sempre fora lonxe das súas casas, coma un xogo. Tamén comezaron a sufrir outros efectos colaterais como faltas de auga e luz, tamén xornais... Naquela época o aparato nazi xa estaba listo, na práctica, todo estaba inventado solo faltaba a teoría que encaixara con esta praxe, esa sería aportada por Hitler anos despois. Incluso as xuventudes hitlerianas estaban dalgunha maneira presentes en forma de clubs deportivos patrióticos, pero sen algúns elementos de engadido posterior como o antisemitismo. Os combates de marzo de 1919 achegaron a guerra aos berlineses, pero non o suficiente, pois despois do susto, todo seguía igual. E a república se mantivo, a pesar de quedar en mans dos seus inimigos, en parte porque os soldados alemáns carecen de valor cívico, carecen da capacidade de revelarse ante a autoridade. Un exemplo é o putsch de Kapp que ao non ser apoiado polo exército pereceu aos 5 días. Nestes momentos de inestabilidade, o ambiente nas grandes avenidas era dominical, un inmenso domingo que nunca remataba, sen clase, sen nada que facer, a política perdera o interese. Ata dous anos despois a política non recobrou o interese, foi con Walther Rathenau, cunha influencia nas masas que se podería comparar (con precaucións) coa de Hitler. Unha verdadeira figura política, un líder de masas. Espertaba amor e odio nas masa, odio que rematou no seu asasinato medio ano despois. A súa etapa deixou un sabor de boca de que nada do que a esquerda fai funciona. Chegou o ano 1923, foi un ano de loucura. Alemania afundiuse economicamente, e en valores. O marco devaluouse ata valores insospeitados, tanto que un gran capital era calderilla ao día seguinte. O único valor medianamente estable eran as accións. Nesta etapa a xuventude tomou a tixola polo mango e dedicouse a vivir o momento coas ganancias das accións. Chegou un momento en que o Reichbank deixou de emitir diñeiro, pois ao día seguinte xa non tiña valor, a inflación adiantábase á propia impresión do diñeiro. O ambiente comezou a volverse apocalíptico, aparecendo mesías en diversos lugares, o máis célebre foi Häuser, o seu equivalente en Munich foi un tal Hitler, que intentou organizar unha revolución dende o soto dunha cervexería, con funesto resultado. Un día o diñeiro volveu a ser estable, o banco sacou os “rentemarck”, afundindo aos novos ricos das accións, que non valían nada. Stresemann convertérase en canciller. Durante a época Stresemann reinou unha falta de crise e unha paz insólitas, que deixou a relucir o problema de que os alemáns son un pobo con pouca capacidade para desfrutar da vida individual, ata daquela a vida ofrecía emoción e aventura, gracias á guerra, en época de paz, non había nada diso. Nos anos 1924, 1925 e 1926 os alemáns volveron a atopar algo a que aferrarse. O deporte. Alemania converteuse nunha potencia deportiva, e os resultados deportivos eran memorizados e analizados como tema de conversación. De novo volvía o espírito da gran guerra. Pero ao igual que coa gran guerra, faltou a victoria final, e pasou de moda. A época de Stresemann non foi o que se di unha gran época pero durante os anos que estivo como ministro de asuntos exteriores respirouse un ambiente máis cosmopolita, aínda que xa se empezaban a percibir rasgos de nacionalismo, xente que falaba como noutro idioma, no alemán pardo. Nesta etapa aparece Teddy, no contexto dun club de tenis universitario. Teddy marcha a París porque o ambiente xa era asfixiante. Stresemann morre en 1929, de enfermidade, non o asasinaron, a pesar de non levar escolta. Nos seguintes anos, os alemáns observan incrédulos o ascenso de Hitler. A súa figura ao principio era un hándicap, a de aquel que intentara levar a cabo unha revolución no soto dunha cervexería en Munich, pero os apoios viñeron porque prometeu dúas cousas que os Alemáns desexaban, reanudar o xogo bélico de 1914-1918 e a correría anarquista do ano 1923. Estas promesas foron a base dos apoios nazis. Entre Hitler e o poder case non había separación, cada vez estaba máis preto.
A REVOLUCIÓN
O protagonista da nosa historia era un alemán medio, vivía cos pais, era o fillo dun puritano prusiano, dun funcionario prusiano. Estudou dereito e chegou a pasante. Tiña a mellor educación posible para a etapa anterior a 1914... pero había dúbidas de se estaba preparado para o que viña agora, e non só el, senón toda a súa xeración. Incluso a súa indecisión chegaba ao ámbito político, non tiña ningunha convicción política definitiva, o que si estaba seguro e que non era nazi, o seu olfacto dicíalle que non era unha boa tendencia a seguir. Os nazis celebran o 30 de xaneiro como o día da súa revolución, pero non ocorreu ningunha revolución, simplemente Hitler chegou a un goberno coa dereita burguesa, incluso xurou a constitución de Weimar. En principio non preocupou porque Hitler so era a cabeza dun goberno de dereitas como os últimos que se deran en Alemaña, ademais non tiña apoios suficientes no parlamento, non podía prosperar. No mes de febreiro, os acontecementos seguían a ser de periódico, é dicir, seguín sen influír na vida do 99% da poboación, simplemente más uniformes pardos e berros de “Heil” polo demais, todo igual ca sempre. A xustiza prusiana seguía igual, inalterable... ou esa era a sensación que daba. Durante o Antroido berlinés, o protagonista atopa un amor que primeiro é pasaxeiro pero que continuará ao longo dalgún tempo. A velada é interrompida polas SS, un encontro desagradable. Dous días máis tarde ardeu o Reichtag e Hitler culpa aos comunistas, coas consecuentes represalias. Aínda que resultaba rara tanta preocupación, cando os nazis o denominaban “caseta de charlatanes”. A xentes esperou a resposta dos comunistas, pero esta non chegou, pois os comunistas eran en realidade cordeiros con pel de lobo, non había intencións debaixo dos puños en alto. Á xente non lle estrañou, en cambio, que a raíz dese incendio, o goberno actuase “con man dura”. A revolución nazi de marzo de 1933 non parece ser tal, pois non se axusta á definición de revolución. Moitas formas naceran dun modo máis sanguento, pero ningunha dun modo tan repugnante, mediante un ataque de nervios colectivo. O terror nazi non era nin revolucionario nin represivo, e á vez era os dous. Os nazis incitaron ao secretismo, como método para propagar o terror. Esto deu os seus froitos, ese terror fixo que a pesares de obter o 44% dos votos subise ao poder, sen que a maioría de alemáns que votaron na súa contra fixese nada. A xente comezou a participar nos actos primeiro por medo e despois colleulle o gusto. Pero non foi esa a única causa, tamén está o factor da traizón que os dirixentes dos partidos en quenes confiou o 56% da poboación alemana. Desapareceron, non houbo nin un leve intento de resistencia política. Todo o mundo actuou con unha pasividade e deixadez xeralizadas, é dicir cun ataque de nervios. E aínda así, na vida do noso protagonista non había grandes cambios, a rutina seguía sendo a mesma, as leis prusianas seguían exactamente igual. A rutina servía de espera a que os nazis actuaran. E actuaron, a primeira medida foi o boicot aos xudeus imposto para o primeiro de abril de 1933, xunto cunha campaña “informativa” contra os xudeus. Isto xerou certo murmullo desaprobatorio, co que suavizaron as medidas. Todo isto xerou un debate público sobre os xudíos, no que había que estar posicionado. O noso protagonista estaba tamén condicionado de repente, a súa nova moza era xudía e esta disposto a que ninguén lle obrigara a boicoteala. O día antes de poñer en marcha o boicot todo era normalidade. O noso protagonista foi ao xulgado e nun momento entraron as SA, viuse obrigado a recoñecer que era ario, foi unha resposta automática. Expulsaron aos xudeus. Pero ao saír non daba a impresión de que acabase de perecer como institución, e nas rúas todo seguía igual, pero respirábase un aire que non presaxiaba nada bo. Pola noite o noso protagonista experimentou o medo pola súa moza e tamén a experiencia de rirse e estar por riba do medo, cando eles foron á Catacumba, un cabaré, O primeiro de abril, pasouno con Frank, o seu mellor amigo, xudeu. Alí descubriu o boicot, falando coa súa familia. Frank quería marcharse realmente estaba ante unha despedida.
A DESPEDIDA
A partir do primeiro de abril é cando se empezou a notar a revolución. A unificación, ou sexa designación de arios para todos os cargos de relevancia, comezou a aplicarse de maneira sistemática. Incluso o tan amado tribunal cameral de Berlín perecía fronte á unificación. Pero non foi esta a única despedida. As despedidas convertéronse nunha constante na vida daqueles alemáns que non apoiaban a Hitler, a maioría. Dixeron adeus á súa anterior maneira de vivir, practicamente. Os alemáns tiveron que dicir adeus non so a políticos contrarios ao réxime, senón tamén a personaxes inofensivos como actores ou locutores de radio que tamén causaron impacto. Tamén desapareceu a literatura alemana de calidade e xornais e revistas. En definitiva unha despedida tras outra. Ante isto houbo varias maneiras de reaccionar. A primeira foi unirse, se non podes co inimigo únete a el, pobre xente, que desexaba non estar formando parte do que formaba, un sistema para aguantar isto, o predilecto dos maiores, era fuxir a un mundo de ilusión, sentirse superiores e crer que aquilo era solo unha etapa. A segunda maneira de reaccionar era sentir un asco e un odio ante o que estaba acontecendo, botarse a choriquear, amargarse. A terceira actitude era a da evasión, representada pola literatura idílica desa época, unha literatura fantástica. O noso amigo fracasou no intento de aislamento, e pronto comezou a recibir os azotes da revolución. No outono de 1933 xa non quedaba nada do seu círculo de amigos, so un grupo de traballo entre os pasantes que preparaban o segundo exame de estado. Seis xoves intelectuais, da mesma clase social, que se reunían e debatían sobre os mais diversos temas e que mantiñan en gran medida posturas contrarias e eran capaces de equilibralas mantendo un debate interesante. Pero o ambiente comezou a escurecerse dende aquel marzo de 1933. Un día unha discusión sobre os xudeus (un dos membros era xudeu, outros dous eran nazis) rematou poñendo fin ao grupo. O xudeu e mais o que representaba á esquerda remataron emigrando. Daba igual onde te esconderas, ao final topábaste con aquilo do que fuxías. A revolución nazi rematou con aquela división entre política e vida privada. O protagonista comeza a pensar en que a solución pode estar no afastamento físico do mal que o persegue. A emigración, a abandonar Alemaña. Isto trae moitas dúbidas, pois el síntese alemán, nacionalista incluso, non quere baixo ningún concepto abandonar a súa patria. Sente que de ningunha maneira vai atopar outro sitio onde poida dicir que está como en casa, ti podes amar un país, pero iso e algo que fas cun país que non é o teu (neste caso, o protagonista ama Francia) pero non é a túa patria. Este debate tamén estivo na cabeza de moitos alemáns. O protagonista está decidido a emigrar, pero tras falar co pai deciden esperar a facer o tan ansiado segundo exame de estado e saír a Francia a doutorarse, para ver o que hai e se non atopa nada interesante poder volver, e se o atopa quedarse alí. Este momento tamén é malo para o pai, que ten que verse obrigado a humillarse ante o estado para seguir percibindo a súa pensión. Unha experiencia traumática, sen dúbida, que se mostrou, non externamente, senón a través de enfermidade. Atacoulle ao estómago. Foi o comezo da súa agonía, que durou dous anos. Durante ese verán de 1933 aínda se produciron máis despedidas, como por exemplo a da igrexa, que comezou a estar controlada tamén polos nazis. Os amigos xudeus do noso protagonista tampouco pasaban un bo momento nas súas vidas, incluída a súa moza Charlie, que durante todo este tempo estivera ahi. Nesto, Teddy volveu de París, a buscar á súa nai. Teddy era aquela rapaza do clube de tenis, aquela rapaza especial. Casualmente o tempo que estivo tivo que pasalo baixo a presións dunhas inminentes xornadas de convivencia para pasantes, que gracia á lentitude administrativa finalmente permitiron ao noso protagonista desfrutar da ultima despedida, a de Teddy, o Reich esperou antes de poñerlle a man enriba, os pais foron de viaxe e Charlie enfermou e foi hospitalizada, todo a punto para esas tres ultimas semanas, antes que Teddy marchase de volta a París para casar, pero aínda quedaba tempo para estar con Teddy.