domingo, 24 de mayo de 2009

Vents del Garbí (Josep Miquel Marínez)

Como xa fai tempo que non actualizo quixera recuperar algunhas entradas que co cambio de imaxe do blog se perderon, porque non todas eran malas (jejeje). Neste caso recupero o meu comentario sobre esta obra, grazas ao cal gañei unha grande amistade.
Outra diferencia coa vez que publiquei esto por primeira vez é que agora teño o video coa versión da Xove Banda de Narón no Auditorio de Galicia.





VENTS DEL GARBÍ
Josep Miquel Martínez.

O COMPOSITOR: Josep Miquel Martínez

Comeza os seus estudos musicais na “Societat Joventut Musical de Quart de les Valls” (Camp de Morvedre – Valencia). Obtén o título de profesor superior de música na especialidade de trompa no conservatorio “Joaquín Rodrigo” de Valencia. Diplomado na especialidade de Trompa e Teoría Musical na “Associated Borrad of the Royal Schools of Music of London”.
Amplía os seus estudos de composición e dirección de banda e orquestra cos maestres Jan Cober, José R. Pascual Vilaplana, Miquel Rodrigo Tamarit, Miguel Angel Mateu e Ferrer Ferrán.
Como compositor é membro de COSICOVA (Compositors Simfònics de la Comunitat Valenciana) e ten un catálogo de máis de 40 obras. Estas están editadas por AB-Música e Ribera-editores.
No ano 2006 foi galardoado no III Concurso de Composición de Torrevieja pola obra “Vents del Garbí”.
Recentemente foi galardoado co premio Arrels pola súa traxectoria musical e o premio Euterpe na nominación de mellor obra sinfónica para banda do 2006 por “Vents del Garbí”.
Foi director da “Unió Musical d’Aldaia” dende o ano 2000 ata 2004, conseguindo no 2002 un primeiro premio na primeira sección do Certame Internacional de Bandas de Música “Cidade de Valencia”.
Tamén foi director dende o ano 2004 hasta el 2007 da “Lira Saguntina” de Sagunt, coa que conseguiu un primeiro premio na primeira sección do 15º WMC de Krekrade (Holanda) en el año 2005.
Director titular da “Unió Musical Cultural d’Estivella” dende o ano 1998 coa que conseguiu un primeiro premio na terceira sección do 14º WMC de Kerkrade (Holanda) no ano 2001 e no 2003 o primeiro premio e mención de honra na segunda sección do II Certame de Bandas “Vila de Bejís”.
Director titular da Unió Musical “Lira Borriolenca” de Borriol (Castellón) dende o ano 2000, coa que conseguiu no ano 2005 o primeiro premio e a mención de honra na segunda sección do I Certame Internacional de Bandas da “Vall d’Aosta” (Italia), así como o primeiro premio coa máxima puntuación do certame e un primeiro premio na segunda sección do XXX Certame Provincial de Castellón no ano 2007.
Foi director asistente da Orquestra de ventos “Allegro” de Valencia dende o ano 2002 e actualmente é director da orquestra do conservatorio profesional de Sogorb (Castellón) dende o ano 1997, ademais é profesor de harmonía e fundamentos da composición.
É tamén director titular da Unió Musical “Santa Cecilia” de Almenara dende o ano 2007.
A nivel internacional actuou como director na Academia Musical “Euterpe” de Siracusa (Sicilia – Italia), a Scuola Banda Musicale “P. Mascagni” de Milazzo (Sicilia – Italia) asi como coa banda Comunal “Guiseppe Verdi” de Sinnai (Cerdeña – Italia).

COMENTARIO DA OBRA: Vents del Garbí.

A obra estréase en outubro de 2005, no marco das celebracións do 25 aniversario da Banda de Estivella, á que está adicada a obra con este motivo.
O Garbí é un pico emblemático da Serra Calderona, no concello de Estivella. Outro lugar citado na obra, tamén de Estivella, é Barraix ("La font de Barraix" solo de pícolo e corno...).
É unha obra programática, que nos leva nun percorrido musical polos paraxes e momentos históricos máis importantes de Estivella.
Situémonos, Fa maior.
A obra comeza cun murmullo das madeiras (Moderato Solemne) que simulan o vento, que da nome a obra e introduce o tema principal no compas 17 (Allegro Moderato, "Vents del Garbí"). Alternancia de dous temas un máis ritmico e outro máis lírico. Esta expléndida exposición remata no compás 62 modulando a Re bemol maior. A partir de aí nos espera un impresionante solo de timbais sobre fondo de cortina (Andante 62-72).
A anacrusa do 73 (clarinete e trompeta) serve de ponte para modular a Sol bemol maior. Entramos en "L'estiba de Murbiter". Fermoso fragmento do solo de trompeta. Reexposición no compás 85 por parte da banda.
No compás 95, de socato, aparece un impresionante duo de trombón e timbais. (La Reconquesta 1248). No compás 102, agarrádevos forte, que chega o mellor. Agárdannos os 22 compases (Andante) do Solo de Soprano. No 124 (Poco Piú), cambio a Fa sostido menor, reexpón o clarinete a dúo co soprano, en forma de canon . Remata esta parte a frauta.
141, Allegro Moderato "El castell de Biselcam". Si bemol menor. Comeza a marcha mora. O tema pasa por toda a banda, mesturándose con variacións dos solos anteriores. Modulación a Fa menor no 167. Esta é unha zona, a da marcha mora, con moita percusión.
No compás 193 (Adagio), cambiamos a Re bemol maior. Solo de Piccolo, "La Font del Barraix". Creo que con esta música de fondo, poderíamos perfectamente imaxinar unha fonte en primavera con paxariños... Barraix é un sitio nesa zona do Garbí. E acto seguido, o fermoso solo de corno, despois a duo co saxo. Esta é a miña parte favorita da obra, que no compás 222 é reexposta por toda a banda en Si bemol maior. No 230 o tema entremézclase co tema principal da obra (trompetas). A todo isto, estamos nun paraíso idílico...
Que se queima. No compas 237 empeza unha das partes interesantes para aqueles que gosten da música contemporánea. "L'incendi del Garbí". O timbal antecede e serve de fondo a unhas disonacias que non presaxian nada bo. E claro, no "compás" (e que aquí non hai) 243 comeza a arder o monte (impresionante, con papeis de periódico e papeis de burbullas, campás, silbando para simular o ruído das piñas secas ao arder...). Altérnanse as entradas de picolo-clarinete baixo, trompeta e bombardino. Gardade ben na vosa mente o tema da trompeta, que o rescataremos logo.
251. Adagio. "La Santa Creu del Garbí". Momento máis emotivo da obra (repito é o meu criterio, só é válido para min). Os timbais, o piano e a tuba serven de fondo para un emotivo e conmovedor solo de trompa que nos transporta á desgraza do monte queimado, desolado. Non queda nada, solo o lamento da trompa.
Unha nota ao unísono da madeira da paso ao fragmento en Re Maior titulado "Sant Deu, Sant Fort, Sant Inmortal". Un fabuloso dúo de piano e lira introduce o coral da trompas do 289, acompañado de máis percusion de fondo (cortina e marimba). E isto alcanza o climax cando o tema das trompas é reexposto no 295 tras un golpe de timbal por un coro formado polos membros da banda. Tras isto, no 300, o título xa nos di o que atoparemos ("Vents del Garbí"). Sí, reexposición levando a melodía as trompas.
321. "Gloria a Estivella". A reexposición continua pero recompilando o máximo de temas da obra. Ademáis do principal, as trompetas levan o que levaba aquel trompeta do incendio (impresionante). No 346, algúns levan o tema do solo de corno, e o baixo da marcha mora que está no timbal. No 351 dáse unha mestura do tema principal variado, o do corno, os clarinetes co tema variado do solo de soprano-clarinete e o timbal que segue co baixo da marcha mora (impresionante).
E claro, todo iso desemboca nun final apoteósico, donde dous pulsos en silenzo preceden un TA-TA-TA-CHÁN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario